28/11/2013

O diferencialismo no galego - Parte 3

É normal que a gente siga opinando e vendo com estranheza o diferencialismo, xa que existem moitas soluciõs para palavras como “agás”, podemos dicir “excepto”, “salvo”, “menos”, “quitando”, “sacando”, etc, dependendo do contexto. Temos aquí dous exemplos:

Frase original 1:
- Máximo 15 minutos, agás carga e descarga
Posivles soluciõs:
- Máximo 15 minutos, excepto carga e descarga
- Máximo 15 minutos, salvo carga e descarga

Frase original 2:
- Seguro escolar, paga-se em Banco X, agás maiores de 28 anos
Posivles soluciõs:
- Seguro escolar, paga-se em Banco X, a excepcióm dos maiores de 28 anos
- Seguro escolar, paga-se em Banco X, menos os maiores de 28 anos
- Seguro escolar, paga-se em Banco X, quitando os maiores de 28 anos

Havendo tantos sinónimos, por que “agás”? Por que um que soa estranho? Pra fugir do castelhano, sabemo-lo e sabe-o todo o mundo. Pero nom nos vale esa resposta, nim a nós nim a ninguém. É ũa palavra que soa estranha, moi minoritária seguramente, e ainda por riba parece que a imponhem. Como observamos, existem outras moitas palavras que som normales para todo-los galegos. Esas som as que hai que usar.

Volvamos escrivir os sinónimos xa mencionados de agás: excepto, menos, quitado, quitando, sacando, salvo. Observemos de novo os exemplos que puxemos para evitar “agás” e seguir sendo ũa frase igual de galega: “Máximo 15 minutos, salvo carga e descarga” “Seguro escolar, paga-se em Banco X, menos os maiores de 28 anos”. Pero vexamos, porque é difícil de entender, e normal que o sexa, porque basicamente nom é entendivle que dentro do idioma haxa tantos sinónimos e se prefira obsesivamente a palavra que é máis diferente do castelhano (e tamém do portugués, existem tamém diferencialistas que prefirem as palavras diferentes do castelhano e do portugués).

Sabedes? Nos países normales prefirem escolher ũa forma que sexa comum para todo-los habitantes e que, obviamente, lhes soe de xeito normal e natural a todos. A que nom sabedes como se dice “agás” no portugués do Brasil? Simplemente… “exceto”, é dicir, “excepto”, pero perde o p do grupo consonántico -pt- (como tamém se pode pronunciar no galego) e por iso escrivem “exceto”.

Ponhamos outro exemplo:

Frase original 3:
- Tirar cabichas, 4 puntos.
Posivles soluciõs:
- Tirar restos de cigarro, 4 puntos
- Tirar cigarros, 4 puntos

Sem dúvida é moito melhor escrivir ũa palavra que quase ninguém entende, note-se o sarcasmo, xa que parece que se pretende que pensemos que usamos moitos castelanismos e que nom somos capaces nim de entender o noso própio idioma.

15/10/2013

O diferencialismo no galego - Parte 2

Ũs exemplos de imposicióm de vocabulário som as palavras “agás”, “quenda” ou “cabichas”, esta última aprendida polos condutores no aviso da DGT que pom “tirar cabichas 4 puntos”. Somos conscientes de que em cada lugar, existem castelanismos e palavras diferentes, por iso, falaremos da situacióm que nos rodea, e na situacióm que nos rodea, “agás”, “quenda” e “cabichas” som palavras completamente inexistentes. Dicimos “excepto”, dicimos “turno” ou “vez” e dicimos “colilhas”. As palavras “agás”, “quenda” e “cabichas” só existem por escrito. Para nós e os nosos vecinhos, som palavras estranhas e diferencialistas. No que pensa a gente ao mirá-las é simplemente que se dicem nalgũa aldea pequena de Galícia pero que as dam a conocer de forma obsesiva porque som diferentes do castelhano. Todo se reduce a ser diferente do castelhano, e ainda que moitos entendamos por que usam “quenda”, seguimos preguntando e escoitando “Por que escrivem quenda e nom turno, que é como dicimos?”. Desafortunadamente, o que pensa a gente nom só se reduce a iso. O diferencialismo, que nom lhe gusta a ninguém, trae prexuízos com el…  Referimo-nos ao “falamos mal”. Comeza-se a pensar que as palavras impostas som as únicas formas correctas, e comeza-se a ter vergonza de usar as própias pero sem deixar de usá-las devido a que as impostas som demasiado estranhas e artificiaes. Este pensamento, dá-se de xeito moito máis acelerado e presente na mocidade, influenciada polo galego da escola e da ideología ou pensamento do profesor.

Pero nom é ũa resposta válida a de que o fam por critério diferencialista, polo menos, nom para os galegofalantes estranhados ca situacióm. Seguirám preguntando o mesmo, e com razóm, xa que é ũa resposta inaceptavle para os própios galegos que vem e miramos o nulo sentidinho que tem querer usar palavras estranhas e moi minoritarias coa intencióm de fugir desesperadamente da aproximidade co castelhano.


Nom miramos ningum benefício no diferencialismo, e moito menos, na sua imposicióm. Só acabará por facer que o galego desapareza, xa que é matá-lo desde dentro.

20/09/2013

O diferencialismo no galego: ũa ideologia destrutiva

Ũa característica que moitos defensores do galego tenhem, sexam reintegracionistas ou isolacionistas, é o diferencialismo, é dicir, a intencióm de afastar-se do castelhano. Em moitas ocasiõs é um diferencialismo moi radical e exagerado, o que provoca um sentimento de rechazo e desaprovacióm por parte dos galegofalantes cara aos que soem defendé-lo idioma, porque normalmente som eles os diferencialistas, e iso fai que os que máis defendem e se preocupam polo noso idioma sexam rexeitados polo pobo galego. O diferencialismo fai parecé-lo galego um idioma estranho para os própios falantes e em moitas ocasiõs ata difícil de entender. Esta situacióm, provoca rechazo, e que o pobo galego nom se sinta identificado cos defensores do idioma.


Ademais chega a provocar vergonza em moitos falantes, principalmente nos que crem estar máis influenciados polo castelhano, como por exemplo a gente nova de moitas urbes, o que provoca que fuxam pra o castelhano em moitas situaciõs por pensarem que o galego que falam está demasiado castelanizado, e que, como consequéncia, o falam mal, pensamento provocado principalmente polo seu xeito de pensar xa que radica na nom comprensióm de moitas palavras do galego (normalmente diferencialistas) devido à utilizacióm exagerada de certos términos, chegando incluso, à imposicióm desas palavras por parte da poboacióm máis culta de Galícia.


Outro problema que tamém vivimos é a ultracorrecióm do galego no colégio, porque moitos profesores corrigem-lhes aos estudiantes palavras que estám completamente correctas no galego e substituem-nas por outras palavras galegas só por diferencialismo, e iso provoca que vaiam nacendo os complexos xa mencionados na cabecinha dos rapaces. E corrigindo ou nom, dalgũa estranha forma ou outra, consiguem facé-los pensar que usar ũa palavra como lábios é um castelanismo, e que a palavra correcta é beizos, quando as duas estám correctas no galego e aparecem no dicionário, tanto no da RAG como no Estraviz (AGAL). Sem mencioná-lo feito da obsesióm cos castelanismos que parece estar a nacer na gente nova, pensamento tamém provocado polo colégio como consequéncia de lhe dicir aos rapaces que “hai que falar bem”, e ese tipo de pensamento levam-no para as suas famílias e amigos, corrigindo-os ademais e pasando-lhes a eles o sentimento de vergonza polo uso “incorrecto” da língua.


Os castelanismos som tam importantes para a escola que fai que para os rapaces sexa moito máis fácil identificar um castelanismo no galego que um galeguismo no castelhano. Como resultado, o galego parece um idioma máis difícil, complicado e estranho, e o galego que falam parece-lhes um galego mal falado devido à enorme diferéncia que existe co “galego correcto”. E o castelhano, parece, obviamente, um idioma máis simple e parecido ao seu xeito de falar, xa que nom existem estes problemas nim som corrigidos coma no galego.


…………………………………...

Nas entradas “Existe um galego normal e um galego artificial?” expomos e falamos principalmente dũa absorcióm lingüística existente em Galícia, e que por esa razóm, palavras como “coitelo” ou “cadeira” nos podem soar estranhas. Pero o uso destas palavras nom é diferencialismo, nim deveria ser tampouco galego estranho, artificial ou de velhos. O uso destas palavras é por recuperacióm xa que forom substituídas por equivalentes castelãas. É importante diferenciar recuperacióm (usar cadeira e nom silha, por exemplo) de diferencialismo. O diferencialismo busca e usa as palavras máis distintas que poidam existir no idioma para ũa idea ou significado (usar quenda, por exemplo) coa intencióm de soar e ver-se diferente do castelhano, como punto base.

18/08/2013

Castelanismo: ter + particípio

Um castelanismo moi estendido no galego é o ter + particípio. É ũa estrutura que existe no galego, pero com outro significado. Nesta entrada diremos-vos quando o ter + particípio é um castelanismo.

O haver + particípio do castelám nom existe no galego, nim co verbo haver, nim co verbo ter e, ademais, o ter + particípio com ese sentido é um castelanismo, xa que é ũa adaptacióm da estrutura do castelám e nom ũa construcióm galega.

Castelám: Había hablado
Portugués: Tinha falado / Havia falado / Falara
Galego: Falara

Castelám: Si lo hubiera hecho / Si lo hubiese hecho
Portugués: Se o tivesse feito / Se o houvesse feito
Galego: Se o fixera / Se o fixese

Castelám: Habría ido ayer por su casa si tuviera/tuviese ya el dinero
Portugués: Teria/haveria ido ontem pela sua casa se já tivesse o dinheiro
Galego: Iria onte pola sua casa se tivera/tivese xa o dinheiro/os quartos

*máis exemplos no final de todo do artigo*


Desafortunadamente, ese é um castelanismo que se está estendendo porque moita gente nom se dá conta de que o galego e o castelám som dous idiomas com estruturas diferentes e que nom se pode falar o galego como se fora ũa simple adaptacióm ou traducióm literal (ou quase literal) do castelám. Os tempos simples som ũa característica moi importante do noso idioma e a sua substitucióm por tempos compostos normalmente é feita por castelanfalantes ou persoas influenciadas polo castelám pero, pra a maioria dos galegofalantes esa é ũa estrutura estranha e incluso incomprensivle nalgũs casos.

Um exemplo de quando pode ser incomprensivle esta estrutura “ter + part.” foi nũa image que miramos que se deu a conocer no facebook que punha o seguinte:




Pra moitos galegofalantes, a frase “puideron ter feito isto” nom tem coeréncia, o que a fai quase incomprensivle. Pra que todo-los galegofalantes a entenderam, seria necesário eliminá-lo castelanismo e cambiá-lo pola estrutura galega. Ũa traducióm adequada para “ter feito” é simplemente “facer”. 

puideron ter feito isto -> puideron facer isto

A image anterior é só um exemplo de como está estendido o castelanismo. Pero nesa ocasióm, é só ũa image, xa que tamém o podemos atopar em gravaciõs usadas no transporte público. No seguinte vídeo podemos apreciar como o que dicimos é certo.
Vídeo enteiro aquí: https://www.youtube.com/watch?v=Xw-2JJZ4pH4
Vídeo enteiro (ca normativa da RAG): https://www.youtube.com/watch?v=34Hfr2vGNNU

Transcricióm:
Senhores viageiros,
Renfe dá-lhes a benvida a bordo deste trem de média distáncia com destino: Pontevedra.
Agradecemos que tenham escolhido o noso servizo.
Renfe desexa-lhes ũa agradavle viage.
Informamos-lhes de que este trem dispóm de máquinas de autovenda de bevidas.

Podemos apreciar o uso do castelanismo nũa gravacióm que se reproduce todo-los dias e que centos de persoas escoitam. No galego seria “escolheram/escolhesem” e nunca “tenham escolhido”.



O “ter + part.” no galego é ũa perífrase verbal que se usa pra indicar acciõs pasadas e reiteradas, é dicir, um acto que realizaches em diferentes ocasiõs.

- Fum à feira
Neste caso, estás-te a referir a ũa ocasióm específica na que foches à feira.
- Tenho ido à feira
Neste, pola contra, estás a dicir que foches à feira e que volveches ir noutras ocasiõs.
Obs.: neste tipo de construcióm o “ter” conxuga-se sempre em presente (eu tenho, ti tes, el tem...)


EXEMPLOS
Em ocasiõs pode ser complicado para aqueles que pensam e falam com tempos compostos convertí-los em tempos simples. Por esta razóm, deixamos-vos ũa lista de exemplos com diferentes tempos compostos pra que nom sexa tam complicado.

Gal.: Fum à feira.
Port.: Fui à feira.
Cast.: He ido al mercado.

Gal.: O meu amigo comprou ũs zapatos.
Port.: O meu amigo comprou uns sapatos.
Cast.: Mi amigo se ha comprado unos zapatos.

Gal.: Xa fora ela colher o periódico.
Port.: Já tinha ido ela pegar o jornal.
Cast.: Ya había ido ella a coger el periódico.

Gal.: Está mal responder isto? / Está mal que respondera/respondese isto?
Port.: Está errado responder/ter respondido isto?
Cast.: ¿Está mal haber respondido esto...?

Gal.: Nom deveu facer iso.
Port.: Não teria que ter feito isso.
Cast.: No tendría que haber hecho eso.

Gal.: Facendo algo así, nom sei como nom tem remordementos.
Port.: Tendo feito algo assim, não sei como não tem remorso.
Cast.: Habiendo hecho algo así, no sé como no tiene remordimientos.
Obs: “Facendo” nesta frase pode dar a idea de que a accióm está em presente, por esa razóm, é melhor cambiar a estrutura e nom realizar ũa traducióm literal. 
Ũa opcióm seria: Despois de facer algo así, nom sei como nom tem remordementos.

Gal.: Agacharamo-nos/Agachamo-nos para que nom nos vise o seu amigo.
Port.: Tínhamo-nos agachado para que não nos visse o seu amigo.
Port. Br.: A gente tinha se abaixado para o amigo dele não ver a gente.
Cast.: Nos habíamos agachado para que no nos viese su amigo.

Gal: Meu irmám nom se tranquilizou ata que terminou o partido de fútbol.
Port.: Meu irmão não se tranquilizou até terminar a partida de futebol.
Cast.: Mi hermano no se tranquilizó hasta que hubo terminado el partido de fútbol.

Gal.: Terei vivida ũa boa vida quando chegue aos 80 anos.
         Terei ũa boa vida vivida quando chegue aos 80 anos.
Port.: Terei vivido uma boa vida quando tiver 80 anos.
Cast.: Habré vivido una buena vida cuando tenga 80 años.
Obs: No caso do galego, “terei vivida” nom é um tempo composto. Vivida indica como tes a vida e, por iso, concorda com ela em género e número.

Gal.: Som-che ũs trampulheiros, pero perderiam se nom fixesem tantas trampas.
Port.: São uns trapaceiros, mas teriam perdido se não tivessem feito tantas trapaças.
Cast.: Son unos tramposos pero, habrían perdido si no hubiesen hecho tantas trampas.

Gal.: Preferiria que nom-no fixera/fixese.
Port.: Preferiria que não o tivesse/houvesse. feito
Cast.: Preferiría que no lo hubiera/hubiese hecho.

Gal.: Espero que aprovaram/aprovasem esa lei nova.
Port.: Espero que tenham aprovado essa lei nova.
Cast.: Espero que hayan aprobado esa ley nueva.

21/06/2013

A "gheada" na normativa da Alianza

Que lugar ocupa a gheada na normativa da Alianza Lingüística polo Idioma Galego (ALIG)?
A gheada forma parte da normativa na oralidade e na escrita. Escrivimos G pero lemos com aspiracióm xa que é a evolucióm que se deu na maior parte de Galícia. Consideramos um castelanismo le-lo G sem aspiracióm nas zonas onde se produciu esa evolucióm, nas outras, pola contra, nom é ningum castelanismo.

E por que é um castelanismo pronunciar o G como /g/?
Soamente o é naquelas zonas onde o fonema /g/ pasou pola evolucióm que deu a aspiracióm (representado como GH pola RAG), como resultado, a letra G le-se sempre de xeito aspirado (ga, go, gu e gue, gui). É um castelanismo xa que se renega por completo da evolucióm e fonética propia a favor do G castelhano.




Por que o considerades renegar da evolucióm e fonética propia do galego?
Polo uso do G castelhano para evitar ler e/ou falar com aspiracióm.

Por que considerades importante a defensa da gheada?
A defensa da aspiracióm do galego é importante. É ũa evolucióm (maioritaria) que se está a perder por culpa dos prexuicios que recaem sobre ela. É um trazo diferenciador das demais linguas románicas e, ademais, marcante, um trazo único em todo o seu esplendor. Diferencia-nos das nosas linguas vecinhas, como o castelhano e o portugués. Ũa evolucióm da que se pode presumir por ser tam única no noso idioma, pero sentenciada pola inxustificada razóm de a asimilar a gente inculta ou similar. A fonética e as evoluciõs do idioma, do mesmo xeito que a forma de falar dũa persoa, nom determinam se ũa persoa é bruta ou nom, o seu nivel de conocementos ou outros temas semelhantes.

E por que pensades que recaem prexuícios sobre a gheada?
A razóm é simple. Porque está em retroceso. Pode-se ver de xeito moi simple na gente nova, que, ou falam sem gheada, ou fam-no de xeito moi intermitente, por exemplo, algũas veces dim "Galicia" pero outras "Ghalicia". E se lhes comentas algo, em seguida fam algum comentario atribuindo-a a gente bruta, pero sempre, de forma graciosa, como se o combio de /g/ a /h/ fose algo gracioso. Este é só um exemplo, outro vestígio disto pode-se observar no galego estándar dos medios de comunicacióm xa que a gheada, a pesar de ser um rasgo maioritario, está completamente deixada de lado.

Entóm... como representades a gheada se nom escrivides GH?
Representamo-lo como G. O G sirve para unificar toda-las evoluciõs polas que pasou o fonema /g/. Deste xeito, palavras como gato, gracinhas, guerra lem-se ghato, ghracinhas, gherra pero tamén ggato, ggracinhas e ggerra. E si que escrivimos GH, pero o GH usamo-lo unicamente quando queremos especificar que a pronuncia é aspirada (ghracinhas) e o GG para quando o G nom é aspirado (ggracinhas).

19/06/2013

Brasil contra a mentira e o engano

O pobo brasileiro enteiro loita polos seus dereitos, estando a educacióm e a sanidade entre os principaes obxetivos das manifestaciõs, así como o combate contra a corrupcióm. O pobo todo levanta-se para crear um Brasil melhor e os manifestantes acudem às cidades em masa para expresá-lo seu desexo de mudanza.

Os pioneiros desta etapa de cámbio som os natalenses, xa que as protestas comezarom na capital do Rio Grande do Norte, Natal. Num princípio era em contra da subida dos précios do transporte público, pero acabou desembocando em moitas reivindicaciõs máis por todo o Brasil.


Manifestantes em Natal, a cidade onde comezarom as protestas

 
Image na que saem manifestantes em várias cidades brasileiras e um pequeno texto lembrando que todo comezou na capital do estado do Rio Grande do Norte.

Hai soamente dous dias (17/06/2013) gravou-se este vídeo em Brasília, a capital do Brasil. Podemos observar como se estenderom as protestas e ver as ganas de cámbio que sinte este pobo cansado de tanta corrupcióm e mentiras. Nel, toda-las persoas alá reunidas berram polo que querem de xeito sincronizado e moi bonito.

Manifestantes em Brasília, a capital do país, baixo o lema "Amanhã vai ser maior"


Ademais das manifestaciõs, no internet podemos ver ũa intensa actividade que mostra como o pobo brasileiro esperta.

Este é o tipo de images e vídeos que nom de difundir-se no internet e dar-se a conocer no mundo enteiro:

Versióm modificada da bandeira do Brasil na que cámbia o lema
"ordem e progresso" por "em progresso".

O gasto esagerado na construcióm dos estádios de fútbol 
é um forte desencadeante das protestas



O vlogueiro Felipe Neto, um dos máis famosos do Brasil, mostra a sua indignacióm contra o sistema político e administrativo do Brasil e deixa claro que está a favor das protestas.


Este vídeo amosa outra persoa indignada ante a situacióm do Brasil na actualidade e mostra, com argumentos sólidos e interesantes, que o que os políticos brasileiros difudem para o mundo é ũa mentira.



O Brasil sem dúvida está transmitindo toda ũa mensage de reivindicacióm e esperanza, sendo um exemplo a seguir para todas aquelas naciõs oprimidas.

15/06/2013

Espácio musical: Como uma onda

Neste post de hoxe do espácio musical mostraremos ũa cancióm brasileira que realmente vale a pena escoitar. O tema da cancióm gira em que todo cámbia igual ca ũa onda no mar. Esperemos que vos guste!



Título: Como uma onda
Idioma: portugués brasileiro
Compositor e cantante: Lulu Santos (Luís Maurício Pragana dos Santos)
Ano: 1983
Referéncia: banda sonora da palícula Garota Dourada



LETRA:

Nada do que foi será
de novo do jeito que já foi um dia
Tudo passa
Tudo sempre passará

A vida vem em ondas
como o mar
num indo e vindo infinito

Tudo o que se vê não é 
igual ao que a gente
viu há um segundo
Tudo muda o tempo todo
no mundo

Não adianta fugir
nem mentir
pra si mesmo agora
Há tanta vida lá fora
Aqui dentro sempre
Como uma onda no mar
Como uma onda no mar
Como uma onda no mar


Explicaciõs para falantes de galego:

- Ao que a gente viu há um segundo
Ao que nós vimos hai um segundo
- Não adianta fugir nem mentir
É inútil fugir e mentir