Ũs exemplos de imposicióm de vocabulário som as palavras “agás”, “quenda” ou “cabichas”, esta última aprendida polos condutores no aviso da DGT que pom “tirar cabichas 4 puntos”. Somos conscientes de que em cada lugar, existem castelanismos e palavras diferentes, por iso, falaremos da situacióm que nos rodea, e na situacióm que nos rodea, “agás”, “quenda” e “cabichas” som palavras completamente inexistentes. Dicimos “excepto”, dicimos “turno” ou “vez” e dicimos “colilhas”. As palavras “agás”, “quenda” e “cabichas” só existem por escrito. Para nós e os nosos vecinhos, som palavras estranhas e diferencialistas. No que pensa a gente ao mirá-las é simplemente que se dicem nalgũa aldea pequena de Galícia pero que as dam a conocer de forma obsesiva porque som diferentes do castelhano. Todo se reduce a ser diferente do castelhano, e ainda que moitos entendamos por que usam “quenda”, seguimos preguntando e escoitando “Por que escrivem quenda e nom turno, que é como dicimos?”. Desafortunadamente, o que pensa a gente nom só se reduce a iso. O diferencialismo, que nom lhe gusta a ninguém, trae prexuízos com el… Referimo-nos ao “falamos mal”. Comeza-se a pensar que as palavras impostas som as únicas formas correctas, e comeza-se a ter vergonza de usar as própias pero sem deixar de usá-las devido a que as impostas som demasiado estranhas e artificiaes. Este pensamento, dá-se de xeito moito máis acelerado e presente na mocidade, influenciada polo galego da escola e da ideología ou pensamento do profesor.
Pero nom é ũa resposta válida a de que o fam por critério diferencialista, polo menos, nom para os galegofalantes estranhados ca situacióm. Seguirám preguntando o mesmo, e com razóm, xa que é ũa resposta inaceptavle para os própios galegos que vem e miramos o nulo sentidinho que tem querer usar palavras estranhas e moi minoritarias coa intencióm de fugir desesperadamente da aproximidade co castelhano.
Nom miramos ningum benefício no diferencialismo, e moito menos, na sua imposicióm. Só acabará por facer que o galego desapareza, xa que é matá-lo desde dentro.

Nenhum comentário:
Postar um comentário