13/02/2013

Reflexióm sobre a língua

Ũa das aportaciõs máis destacavles da reflexióm sobre a qüestióm feminista é a distincióm entre sexo e género. Na língua habitual, amba-las duas, usam-se como sinónimas. Pero nos estúdios especializados descubriu-se ũa diferéncia fundamental. Mentres que o sexo refire-se ò ámbito biológico em funcióm do aparato reprodutor, o género é máis bem ũa construcióm social. Ser home ou mulher é um concepto que se formou historicamente e como tal conectadas nũa serie de valoraciõs.

Persoa significa personage, é dicir, a máscara que existia no antigo teatro grego. Desde a sua orige, o termo persoa parece remitir pois a unidade que otorga apoio ou cobertura às nosas actuaciõs e comportamentos. Despois, na Idade Moderna, pasou a significar individualidade física e moral e, por tanto, tamém psicológica. Todo ser humano é persoa no sentido de que conforma ũa unidade consciente e inteligente e com bases emocionaes. E, por tanto, a identidade que nos distingue a cada ser humano dos demais e que constitue a orige ou o responsavle dos nosos conocementos e acciõs. A persoa interrelaciona-se com ela mesma e cas demais mediantes a linguage e a língua.

Segundo o psicólogo Jean Piaget, a língua está subordinada ò pensamento. Pero a língua consiste no proceso de dotar sentido à realidade... e iso realiza-se a través dos signos em geral e da linguage em particular. O contexto lingüístico em que discorre um pensamento sobre o real ou nom, procesa-se no conocemento, que é um factor determinante que influe de modo decisivo neste.

As línguas formam parte da humanidade. A língua forma parte da persoa. E a escrita forma parte do ser humano.

2 comentários:

  1. Boas acabo de coñecer esta nova norma, e se poideras abrir un tema neste foro "www.palpallemorcego.com" no apartado lingua explicando, estaríache bastante agradecido así como respostar as dúbidas que poidamos ter sobre ela.
    Saudiños!

    ResponderExcluir
  2. Interesantísimo. Porén, esta normativa ALIG segue sen resolver de modo ningún a representación escrita das vogais semiabertas, ou máis ben a diferenciación entre semiabertas e semipechadas, como fai sen ir moi lonxe o catalán de xeito moi sinxelo e inequívoco.

    A maior castelanización do galego vén pola asimilación fonética coa lingua dominante e iso conleva que moitos falantes novos e neofalantes xa empreguen o sistema pentavocálico (fomentado por prescriptores como a TVG, pero iso daría para outro fío) e ata diría que a prosodia nun contexto "culto". Por iso tanta xente non identifica o portugués como a mesma lingua e rexeita o reintegracionismo, non lle soa a galego, se é que chega a entender algo nalgúns casos.

    A miña proposta vén sendo amplia-la función da normativa (coincido na maioría dos criterios de ALIG) nunha guía que indique cando abrir ou non as vogais, xa que os acentos diacríticos son unha axuda para a análise morfolóxica, nunca fonética. Poño un par de exemplos ben sinxelos: 'fora' e 'fóra' non indica a apertura da vogal, senón que un é un tempo verbal e outro un adverbio. O mesmo ocorre con 'costa' (/o/), que é a beira do mar, e 'costa' (/ɔ/), unha pendente.

    Entendo que non se trata de facer un monstro de Frankestein collendo o máis xeitoso de cada lingua, pero un sistema que pretenda representar fielmente a fonética respectando a etimoloxía debería prima-la primeira no caso da acentuación. Ben con acentos abertos e pechos ("è,é" caso catalán) ou pechos e circunflexos (é,ê caso portugués). Non entendo que se manteñan fósiles como 'à' e 'às' por motivos etimolóxicos e pola contra non haxa forma de diferenciar 'come' (/o/) do imperativo e 'come (/ɔ/) máis alá da intuición de cada un. Evidentemente nunca quedará resolto por completo, pero sempre vén ben ;) unha axuda.

    Engado que a min o que máis me gusta é o sistema catalán, que non sei se comparte con italiano, acho que si: vogal aberta-acento aberto, vogal pechada-acento pechado. Así teríamos à, è-é, ò-ó, í, ú.

    É certo que ningunha das normativas é a perfecta, iso non existe nin en linguas plenamente normalizadas como o inglés ou o español, pero iso non quita que me interese polo idioma do meu país e vexa con respecto e certo relativismo tódalas opcións que se nos ofrecen.

    Dito isto, gustaríame expresar unha derradeira observación. Tendo en conta o ritmo do devalo constante do galego, de chegar un momento dentro dun par de décadas ou tres no que a lingua for meramente testimonial, se non xa un vestixio fósil inserido e asimilado no castelán ó xeito do asturianu, pouco importaría xa a comprensión lectora dos falantes máis vellos acostumados a ler en "RAG", que tanto pesa nos argumentos anti-AGAL. Trataríase polo tanto dun debate entre o verdadeiro illacionismo (isolacionismo) e a internacionalización do galego. Subliño o do verdadeiro isolacionismo porque acho que a normativa na que escribo non é de modo ningún isolacionista, senón pretendidamente intregracionista, neste caso no español. Pra min, esta nova normativa que acabo de descubrir trátase do verdadeiro isolacionismo, xa que se afasta da ortografía da lingua de Castela, mais tamén da de Portugal.

    Non sei se o debate debe estar nas normativas, coido que non, senón nas cuestións sociolingüísticas, que son as que de verdade afectan á fala e as linguas existen pra seren faladas. Tamén é certo que non hai lingua normalizada sen estar previamente normativizada. E é un feito obxectivo que, se no 2015 estamos mantendo esta conversa, o galego hoxe en día non está normativizado.

    P.D. Teño amigos cataláns que devecen por aprende-lo galego e asisten con incredulidade ó debate de normativas que aínda segue a existir, mentres o magnífico castelán vai gañando terreo a esta guerra civil de leiras na que cada un se pelexa por move-los seus marcos. Cabréanse porque non se aclaran á hora de ler e escribir. Claro que non se pode comparar, eles xa van polo segundo paso, que é a completa normalización.

    ResponderExcluir