06/05/2013

Existe um galego normal e um galego artificial? (Parte II)

                  Moita gente loita pra que nom se deixe de falá-lo galego, é dicir, loitam contra a sua morte. Pero nom hai que esquecer que a perda do vocabulario e das estruturas propias tamém som a morte do galego. Nom serve de moito que o galego se siga falando se todo o que se diga no galego tenha ũa base castelãa, acento, fonética, estrutura, expresiõs... xa que é ũa clara evidencia de absorcióm lingüística.

                As provas da existencia da absorciom e substituciom lingüística som ese tipo de pensamentos no que clasificamos na nosa cabecinha qual é um galego normal, qual é um estranho, qual é um de velhos, ou incluso, a existencia de prexuícios como o de que se falas o galego, es nacionalista ou ũa persoa bruta, pensamento que na actualidade está máis vivo do que parece, principalmente, nas grandes cidades. Nas zonas urbanas estes fenómenos de substitucióm ocorrem de forma moito máis rápida que no resto do territorio e os datos do uso do galego nas grandes cidades como Vigo, A Corunha ou Ferrol som moi baixos, e cada ano, tamém o som nas novas geraciõs.

                Segundo os datos do uso e conocemento do galego, no 2003, os rapaces que posuem entre 5 e 14 anos entendíam "moito" (que é o máximo de entendemento neste estudio) era um 75,44%, mentres que esta cifra baixou a 59,32% no 2008. Os nenos desta idade que usavam sempre o galego pra falar no 2003 era um 27,10%, mentres que no 2008 baixou a um 15,26%. Só as persoas maiores de 50 anos pasam do 50% no uso de "só o galego" (baixou no 2008 sendo agora os de máis de 65 anos). O uso habitual de "sempre no galego" nos municipios de menos de 10.000 habitantes baixou dum 71,70% no 2003 a um 54,54% no 2008. E os ámbitos geográficos que menos usam o galego de forma habitual som a Área de Vigo (só gal.: 9,94% - máis em gal.: 23,32%) e a da Corunha (só gal.: 13,5% - máis em gal.: 22,37%). Ainda así, o galego ainda é hoxe a língua regional máis usada habitualmente em toda a Península Ibérica, pero nom podemos ignorar o comezo da substitucióm lingüística.

                Na atualidade, o castelám tem ũa influencia moi forte sobre Galicia, e isto evidencia-se cos datos. Galicia nom caminha em direciom ao bilingüismo, como nos querem facer pensar e xa moitos sabemos, bem é certo que cada vez hai máis "bilingües", pero isto nom quere dicir que sexa algo bo. É bo a nivel individual, da persoa, e enriquecedor. Pero a nivel colectivo, que um territorio (como é o noso caso) sexa bilingüe xa nom é tam positivo. Para comprendé-lo melhor... botemos um vistazo às fases do nacemento do galego (A Romanizaciom - Fases na adopciom do Latim) :

- COLINGÜISMO: Acepta-se o latim como língua dos conquistadores e da nova estrutura política e administrativa imposta por eles. A cultura indígena e romana mantenhem-se por igual. Corresponde-se ao século I a.C.
- BILINGÜISMO DIGLÓSICO: A integraciom do latim (e tamém outros aspectos da cultura dos conquistadores: instituciõs, cultos religiosos...) é crecente e vai-se agudizando geraciom tras geraciom. Na Gallaecia deu-se nos séculos I e II d.C.
- SUBSTITUCIOM LINGÜÍSTICA: Supom a culminaciom do proceso substitutorio, máis rápido nos núcleos urbanos e máis lento nas zonas ruraes. Segundo os expertos, o proceso de adopciom do latim na Gallaecia estava xa culminado no tempo na invasiom dos suevos, nos inicios do século IV d.C.

                Penso que é fácil ver ũa concordancia e paralelismo ca nosa situaciom actual... unicamente hai que cambiar "latim" por "castelám". Baixo o noso punto de vista, o colingüismo co castelám deu-se durante os séculos escuros. A nivel geral, Galicia atopa-se num estado de bilingüismo (diglósico, nom hai doutro tipo na imposiciom dum idioma), a exceciom das grandes cidades xa que s'atopam na etapa de substituciom lingüística. E por iso temos ũa nociom do que é galego natural, galego estranho (freqüentemente relacioniado cos nacionalistas ou tamém cos neofalantes), galego de velhos, etc. Vivimos nũa realidade que é importante cambiar, xa que é moi preocupante que haxa palavras, formas ou estruturas que nos deveriam soar normaes (como, por exemplo, coitelo, cadeira, vasoira, fazulas...) pero que em cambio formam parte do galego estranho, artificial ou de velhos.

Parte 1: http://alianza-polo-galego.blogspot.com.es/2013/05/existe-um-galego-normal-e-um-galego.html

Nenhum comentário:

Postar um comentário